1. Aranceis, impostos ás mercadorías que pasan pola aduana, xeralmente á importación. Aumentan os prezos de venda dos produtos importados, co que a produción nacional pode competir coa estranxeira. Ademais recadan ingresos.

  2. Cotas, cupos ou continxentes, cantidades máximas que se poden importar ou exportar (xeralmente son á importación).

  3. Medidas de efecto equivalente: trámites e controis aduaneiros, burocracia no comercio internacional.

  4. Subvencións á exportación. Reducen o prezo de venda dos produtos nacionais, que poden competir coa produción estranxeira.

  5. Dumping, vender a un prezo inferior ao custo de produción.

Last modified: Tuesday, 19 July 2016, 3:17 PM