Unha política monetaria expansiva consiste en utilizar instrumentos monetarios para reactivar a economía. Polo tanto, utilízase cando existe pouca actividade económica, en períodos de recesión.

Para iso, as medidas que se poden decidir sona a de reducir o tipo de xuro básico e/ou aumentar a oferta monetaria. Así, os consumidores anímanse a obter prestamos e créditos, deste modo increméntase o consumo e as empresas pedirán máis créditos para ampliar os seus negocios e anímanse a investir.

As consecuencias desta política son un aumento da demanda agregada (polo consumo e o investimento -compoñentes privados-), que levará consigo un aumento da produción das empresas e polo tanto un aumento do PIB real (crecemento económico) e un aumento do emprego. Se a oferta agregada ten capacidade para producir o que se demanda, os prezos non teñen por que subir; pero se non é así se produciría tamén un aumento de prezos, inflación.

Modifié le: mardi 19 juillet 2016, 15:17