¿Como pode medirse a inflación?¿Que é o IPC? ¿Que son as taxas de inflación?
A inflación dunha zona pódese medir mediante:
- O IPC (é o máis usado). Só ten en conta os bens de consumo.
- O deflactor do PIB. Por diferenza entre o PIB nominal e real). Ten en conta a variación nos prezos en todos os bens, tanto de consmo como de investimento. O problema é o retardo no seu cálculo.
Xeralmente a inflación mídese pola variación do Índice de Prezos de Consumo (IPC). É unha estatística elaborado polo INE (Instituto Nacional de Estadística). Para iso, primeiro analízanse os hábitos de compra dos consumidores, co fin de determinar que bens e servizos poden considerarse representativos dun consumidor medio. Elaborada esta lista da compra e ponderados os seus artigos en función da súa importancia en relación co gasto dos consumidores, obtense o que se coñece como cesta da compra. Cada mes, un equipo de inspectores de prezos do INE comproba os prezos destes artigos en diversos puntos de venda (grandes upericies, comercio tradicional, tendas de desconto,..). A continuación, compáranse os custos desta cesta ao longo do tempo e determínase unha serie que serve para a elaboración do IPC.
Calculado o IPC, a evolución dos prezos de mide mediante taxas de inflación, que son taxas de variación porcentual do IPC:
- A taxa mensual é a taxa devariación do IPC dun mes.
- A taxa de inflación anual é a taxa de variación do IPC do ano.
- A taxa interanual comprende a variación dos últimos 12 meses.