A política monetaria son medidas de política macroeconómica, dirixida polo banco central de cada país, que consiste en influír na economía a través da variación da cantidade de diñeiro (oferta monetaria) en circulación e o seu prezo, é dicir, do tipo de xuro.

Para iso pode empregar instrumentos como: o coeficiente de caixa, operacións de mercado aberto e as facilidades permanentes de préstamo e depósito.

O obxectivo principal é o control da inflación e como obxectivos secundarios o crecemento e o emprego.

Tipos de política monetaria:

  • Expansiva, para as épocas de recesión. Pretende aumentar a demanda agregada e reactivar a economía.
  • Contractiva, para as épocas de crecemento nas que hai que controlar os prezos reducindo a demanda agregada.
Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM