Supón que un banco central lanza ...
Conditions d'achèvement
Supón que un banco central lanza unha determinada cantidade de diñeiro dende un helicóptero (é dicir, distribúe diñeiro entre a poboación de xeito uniforme), incrementando así a cantidade de diñeiro en circulación da economía. ¿Cales serían asconsecuencias a curto prazo? ¿E a longo prazo?
A curto prazo, a poboación podería percibir un aumento da súa riqueza e, polo tanto, gastar máis. En consecuencia, o crecemento real podería aumentar a curto prazo, aínda que volvería ao seu nivel orixinal pasado algún tempo. A longo prazo, produciríase un incremento na mesma proporción dos prezos.
Modifié le: mardi 19 juillet 2016, 15:17