O sistema financeiro: que é, para que serve e cales son os seus compoñentes.
Conditions d'achèvement
O sistema financeiro dun país é o conxunto de intermediarios financeiros, activos financeiros e mercados financeiros que ten como finalidade (é para o que serve) canalizar o aforro cara ao investimento de forma EFICIENTE. Isto contribúe á estabilidade e ao crecemento económico. É dicir, o sistema financeiro é o conxunto de mecanismos mediante os que se poñen en contacto aforradores (orecen fondos) e investidores (demandan fondos), e que permiten compatibilizar as necesidades duns e outros. Con isto foméntase o aforro, que é a base para o crecemeto futuro.
Ademais disto, os bancos (que forman parte dos intermediarios financeiros) manteñen o sistema de pagamentos da economía.
- Intermediarios ou institucóns. Son os que intermedian nos mercados financeiros. Por exemplo: bancos, aseguradoras,..
- Activos ou produtos. O que seintercambia nos mercados financeiros. Por exemplo: contas correntes, préstamos, accións,...
- Mercados. Mecanismo onde aforradores e investidores intercambian activos financeiros co axuda dos intermediarios financeiros. Por exempllo: a bolsa,...
Modifié le: mardi 19 juillet 2016, 15:17