A inflación: causas e efectos.
Requisitos do completado
Hai varias explicacións das posibles causas da inflación:
Inflación de demanda: a inflación é xerada por un exceso de demanda agregada, explicada porque a oferta agregada está preto da produción de pleno emprego (segundo os keynesianos) ou por un exceso e oferta monetaria en circulación (segundo os monetaristas).
Inflación de custos: a inflación é xerada polo encarecemento dos factores de produción como enerxía, materias primas, salarios,…
Entre os efectos da inflacón destacan:
- Perda de poder adquisitivo.
- Afecta negativamente á produción e o emprego porque xera incerteza e diminúe competitividade no exterior.
- Afecta á distribución da renda: prexudica a prestamistas e aos colectivos que non poden repercutir a suba dos prezos (como pensionistas e xubilados) e beneficia a prestameiros e propietarios de bens patrimoniais.
- Aumento da fiscalidade (como do IVE).
Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM