¿Cómo crean diñeiro os bancos? ¿Qué é o coeficiente de caixa? ¿Que é o Fondo de Garantía de Depósitos?¿Que é o multiplicador bancario?
Os bancos crean diñeiro (NON O EMITEN, a emisón é un monopolio do banco central de cada país) cando prestan parte dos depósitos do diñeiro legal que lles entregan os seus clientes. Os bancos deben manter en reserva unha parte destes depósitos, coñecida como coeficiente de reserva ou coeficiente de caixa.
O coeficiente de caixa é a parte dos depósitos que o banco central dun país obriga a que as entidades bancarias manteñan en reserva e non poidan dar en préstamo. Eses fondos quedarán na caixa do banco ou en forma de depósitos no banco central, pero non se poden prestar.
O coeficente de caixa é un instrumento de política monetaria que emprega o banco central dunpais para regular a oferta monetaria. Non serve para garantizar que as entidades bancarias dispoñan de efectivo suficiente para reintegar todos os depósitos dos seus clientes, non sería suficente. Para garantir isto e evitar situacións de pánico bancario existe o Fondo de Garantía de Depósitos (FGD). Foi creado para cubrir as perdas dos depositantes en caso de insolvencia dalguna entidade de bancaria (banco, caixa de aforro ou cooperativas de crédito) co límite de 100.000 euros. O FGD nútrese coas achegas que as entidades lle fan en proporción ao volume dos seus depósitos.
O multiplicador bancario ou multiplicador do diñeiro indica o número de veces que, como máximo, se incrementa a cantidade de diñeiro a partir dun determinado depósito inicial nun banco. O multiplicador está en función do coeficiente de caixa: canto maior sexa o coeficiente de caixa menor será a cantidade de diñeiro que o banco pode crear porque menor é o que pode prestar. O multiplicador é o inverso do coeficiente de caixa: 1 / coeficiente de caixa
Para calcular a cantidade de diñeiro que as institucións bancarias poden crear hai que multiplicar o depósito inicial polo multiplicador.