A oferta monetaria é a cantidade de diñeiro de que dispoñen os axentes económicos para levar a cabo transaccións, é dicir, é o volume de medios de pagamento que circula nunha economía nun momento determinado.

A clasificación da oferta monetaria está en función de como se calcule, segundo oa tipos de diñeiro que hai. Esta clasificación faise segundo os chamados agregados monetarios:

M1 = efectivo en mans do público + Contas correntes

M2 = M1 + Depósitos de aforro

M3 = M2 + Depósitos a prazo

M4 ou ALP = M3 + cuasidiñero (ALP significa Activos Líquidos en mans do Público)

Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM