Indica cáles son as clases de diñeiro que existen
Requisitos do completado
- O diñeiro de circulación legal (billetes e moedas fraccionarias de curso legal), que se crea a través da emisión por parte do banco central dun país.
- O diñeiro bancario (formado polos saldos dos depósitos bancarios). Son:
- As contas correntes. Están formadas polo diñeiro depositado nunha entidade bancaria e que pode ser retirado en calquera momento. Tamén pódese empregar como medio de pagamento, mediante cheques ou tarxetas.
- As contas de aforro teñen características similares aos anteriores, e é frecuente poder dispoñer de tarxetas.
- Os depósitos a prazo fixo. Non se poden retirar antes dun determinado prazo de tempo. De facelo, haberá unha penalización nos xuros.
- O cuasidiñeiro. Activos financeiros moi líquidos como as Letras do Tesouro, Bonos do Estado, obrigas de pagamento de grandes empresas privadas, etc.
Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM