• O diñeiro de circulación legal (billetes e moedas fraccionarias de curso legal), que se crea a través da emisión por parte do banco central dun país.
  • O diñeiro bancario (formado polos saldos dos depósitos bancarios). Son:
     
  • As contas correntes. Están formadas polo diñeiro depositado nunha entidade bancaria e que pode ser retirado en calquera momento. Tamén pódese empregar como medio de pagamento, mediante cheques ou tarxetas.
  • As contas de aforro teñen características similares aos anteriores, e é frecuente poder dispoñer de tarxetas.
  • Os depósitos a prazo fixo. Non se poden retirar antes dun determinado prazo de tempo. De facelo, haberá unha penalización nos xuros.
  • O cuasidiñeiro. Activos financeiros moi líquidos como as Letras do Tesouro, Bonos do Estado, obrigas de pagamento de grandes empresas privadas, etc.
Modifié le: mardi 19 juillet 2016, 15:17