Indica algún exemplo de estabilizador automático de políticas fiscal. Razoa a resposta.
Requisitos do completado
Os impostos progresivos son un estabilizador automático de política fiscal porque recadan unha proporción maior en épocas de crecemento xa que as rendas son maiores e recadan menos que proporcionalmente en épocas de recesión porque as rendas son menores. Ademais é unha medida que se aplica automaticamente e non de forma discrecional. De forma discrecional sería, por exemplo que se baixa o IRPF ante unha recesión.
As transferencias son un estabilizador automático porque a súa aplicación é automática, non necesita planificación. Por exemplo, ante unha recesión, o gasto pola prestación por desemprego aumenta porque hai máis desempregados.
Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM