Os impostos directos gravan unha manifestación directa da capacidade do contribuínte, como a obtención dunha renda ou a posesión dun patrimonio. Por exemplo: o IRPF ou o Imposto do Patrimonio.

Os impostos indirectos recaen sobre bens e servizos, e gravan manifestacións indirectas da capacidade do contribuínte como o consumo, exemplos: o IVE ou o Imposto Especial sobre o Tabaco.

Lembrade o principio constitucional (artigo 31) de tributación segundo a capacidade económica.

Last modified: Tuesday, 19 July 2016, 3:17 PM