Os tributos son os ingresos fiscais do sector público, baseados no seu poder de coacción. Os tipos son: taxas, contribucións especiais e IMPOSTOS.

Diferenzas entre unha taxa e un imposto:

As taxas son tributos que se esixen como contraprestación á realización dunha actividade pública ou a prestación dun servizo público. Exemplos de taxas a expedición do DNI, as taxas universitarias, o vado dun garaxe.

Os impostos son tributos sen contraprestación, que estamos obrigados a satisfacer a obter rendas ou beneficios, por posuír un patrimonio ou pola realización de gastos, exemplos o IRPF, o IVE.

Last modified: Tuesday, 19 July 2016, 3:17 PM