Os Orzamentos Xerais do Estado son un instrumento básico de planificación do sectorpúblico na actividade económica, e podémolos definir como un resumo sistemático realizadosnormalmente por un ano, entre os ingresos públicos que son estimativos, para cubrir os gastos públicos que teñen un carácter obrigatorio.

A aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado é competencia do poder lexislativo, do Parlamento nas súas dúas cámaras; Congreso e Senado.

A elaboración correspóndelle ao goberno: o Consello de Ministros que aproba o proxecto delei de OXE que presenta ás Cortes Xerais. O Ministerio de Economía coordina oproceso de elaboración.

En canto ao control que se realiza na execución dos Orzamentos, hai:

Un control interno exercido polos funcionarios daIntervención Xeral do Estado.

Un control externo exercido polo Tribunal de Contas, queelabora un informe sobre a forma en que se executou un orzamento e que presentano Congreso para a súa aprobación.

Last modified: Tuesday, 19 July 2016, 3:17 PM