¿Debe o estado intervir na economía? Comenta a postura keynesiana e a dos monetaristas.
Requisitos de finalización
O grao de intervención do estado na economía é opinable segundo a ideoloxía de cada un.
Segundo os keynesianos o mercado ten fallos que deben corrixirse, pois non garante por si só o equilibrio e o pleno emprego. Isto xustifica a intervención do estado na economía, para corrixir os fallos do mercado. Propoñen a economía do benestar ou Estado do benestar.
Os liberais ou monetaristas teñen unha postura contraria á intervención do estado nas cuestións económicas. Critican o peso do estado na economía e creeen que o estado debe limitarse a garantir o funcionamento do mercado, xa que o mercado é eficiente e leva sempre ao equilibrio.
Última modificación: martes, 19 de julio de 2016, 15:17