¿De que depende o consumo?
O consumo definímolo como aquela parte da renda que se aplica na compra de bens e de servizos para satisfacer as necesidades correntes das economías domésticas. Na teoría keynesiana, os factores que infúen no consumo son:
- O factor principal que explica o consumo é a RENDA PERSOAL DISPOÑIBLE. A maior renda, maior consumo. A relación entre consumo e esta renda chámase propensión marxinal ao consumo (PMC).
Por exemplo; se na persoa destina a consumir 80 € de cada 100 € de renda que ten dispoñible, a súa propensión marxinal ao consumo é 80/100 = 0,8
Pero hai outros factores dos que depende o consumo, que explican que haxa consumo ainda que non se ingresen rendas, como:
- Aforros de períodos anteriores, é dicir, a riqueza acumulada en anos pasados.
- As facilidades de obter préstamos, en particular os tipos de xuros, tamén inflúen no consumo.
Pero hai outras teorías:
Renda permanente
Esta hipótese, formulada por Milton Friedman, estipula que o consumo é unha función que depende da renda ou ingreso permanente e non solo da súa renda anual. A renda permanente é a que o consumidor espera cobrar ao longo dun conxunto amplo de anos. Por exemplo un agricultor que por unha mala colleita ten un descenso da súa renda, non baixará o seu nivel de consumo na mesma proporción porque entende que ao ser unha baixada de carácter temporal, marcará o seu consumo en función da súa renda a longo prazo.
A evidencia indicou que os consumidores elixen o seu nivel de consumo coa vista posta nas "perspectivas" da renda que ten en cada momento como da renda a longo prazo.
Foi exposta por Franco Modigliani, que sinalou que existen diferentes etapas na vida das persoas. Nos primeiros anos de vida consúmese máis do que se gaña, ao acceder á vida laboral comézase a aforrar para poder manter o consumo na xubilación, cando baixarán os ingresos.