O Produto Interior Bruto (PIB) é un dos principais agregados económicos contidos na Contabilidade Nacional.
Representa o valor de mercado en termos monetarios da produción de todos os bens e servizos finais que se producen nun país durante un período de tempo (normalmente un ano).
En canto ao valor de mercado, o PIB só inclúe bens e servizos producidos para o mercado e non ten en conta o autoconsumo, a economía somerxida, o traballo voluntario,...
O PIB valórase en termos monetarios. Isto supón que, como non podemos sumar kilos de patacas máis litros de leite máis unidades de coches máis horas de asesoramento dun avogado (por poñer algúns exemplos de bens e servizos) pois son heteroxéneos, teremos que valorar todos estes bens e servizos producidos en unidades monetarias (no noso caso, en euros).
No PIB só se suman tódos os bens e servizos finais, pois o valor dos bens e servizos intermedios xa está incluído no valor destes finais.
Por último destacar que o que sumamos no PIB é a produción elaborada no interior dun país, dentro das súas fronteiras.

Última modificación: martes, 19 de julio de 2016, 15:17