O consumo definímolo como aquela parte da renda que se aplica na compra de bens e de servizos para satisfacer as necesidades correntes das economías domésticas. Na teoría keynesiana, os factores que infúen no consumo son:

  • O factor principal que explica o consumo é a RENDA PERSOAL DISPOÑIBLE. A maior renda, maior consumo. A relación entre consumo e esta renda chámase propensión marxinal ao consumo (PMC).

Por exemplo; se na persoa destina a consumir 80 € de cada 100 € de renda que ten dispoñible, a súa propensión marxinal ao consumo é 80/100 = 0,8

Pero hai outros factores dos que depende o consumo, que explican que haxa consumo ainda que non se ingresen rendas, como:

  • Aforros de períodos anteriores, é dicir, a riqueza acumulada en anos pasados.
  • As facilidades de obter préstamos, en particular os tipos de xuros, tamén inflúen no consumo.

Pero hai outras teorías:

Renda permanente

Esta hipótese, formulada por Milton Friedman, estipula que o consumo é unha función que depende da renda ou ingreso permanente e non solo da súa renda anual. A renda permanente é a que o consumidor espera cobrar ao longo dun conxunto amplo de anos. Por exemplo un agricultor que por unha mala colleita ten un descenso da súa renda, non baixará o seu nivel de consumo na mesma proporción porque entende que ao ser unha baixada de carácter temporal, marcará o seu consumo en función da súa renda a longo prazo.

A evidencia indicou que os consumidores elixen o seu nivel de consumo coa vista posta nas "perspectivas" da renda que ten en cada momento como da renda a longo prazo.

Ciclo vital

Foi exposta por Franco Modigliani, que sinalou que existen diferentes etapas na vida das persoas. Nos primeiros anos de vida consúmese máis do que se gaña, ao acceder á vida laboral comézase a aforrar para poder manter o consumo na xubilación, cando baixarán os ingresos.



Last modified: Tuesday, 19 July 2016, 3:17 PM