Existen varias fontes de información moi importantes. Cada fonte utiliza metodoloxías e definicións diferentes polo que os resultados obtidos son a maioría das veces discrepantes, AÍNDA QUE TODOS SON VÁLIDOS.

ENQUISA DE POBOACIÓN ACTIVA (EPA), é elaborada trimestralmente polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Son datos estimados (é unha enquisa).

REXISTRO DO PARO DAS OFICINAS DE EMPREGO. O Instituto de emprego (INEM) ofrece cada mes a cifra de paro segundo o rexistro nas súas oficinas.

AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL, que elabora a Tesouraría da Seguridade Social.

 

Última modificación: martes, 19 de julio de 2016, 15:17