Normas básicas sobre a información que os poden pedir nunha rede social:

1.- Non indiques datos persoais como o teu enderezo, traballo ou teléfono.

2.- Utiliza unha contrasinal complexa e difícil de adiviñar para a túa conta de usuario. Segundo os estudos sobre riscos nos mundos virtuais, o roubo de identidade é o problema que máis se leva a cabo.

3.- Se decides incluír información sobre os teus gustos, afeccións ou preferencias ten en conta que podes sufrir un bombardeo de publicidade non desexada.

4.- Algunhas redes ofrecen a posibilidade de utilizar a túa conta de correo electrónico para localizar aos teus amigos baseándose na túa lista de contactos. Ten en conta que, existe o risco de que poidan acceder tamén ás túas mensaxes.

5.- Non inclúas datos bancarios ou das túas tarxetas de crédito. Se desexas realizar unha compra ou efectuar un pago por Internet verifica e utiliza os medios de pago seguros habituais. (conexión https:, Verified by visa, tarxeta prepago,....)

6.- Non deas nunca información sobre a túa situación laboral, familiar ou futuros plans e viaxes.

7.- Cando subas fotos ou vídeos ten en conta que algunhas redes sociais obrigan a aceptar a cesión da xestión dese material, polo que a túa privacidade pode verse gravemente afectada.

8.- Non publiques fotos comprometedoras túas ou dos teus amigos ou coñecidos e se o fas, non esquezas restrinxir quen serán as persoas que terán acceso ás mesmas.

9.- Non confíes sempre en todo o que atopas na rede, xa que non tes garantía da súa veracidade e pode tratarse dun cebo para captar o teu interese.

10.- Antes de engadir un novo contacto á túa lista de amigos trata de informarte ben sobre el.

Publicado por Rocío Cabanillas no blog “Recursos TIC en educación”

Última modificación: martes, 19 de julio de 2016, 15:17