Indica en qué subalanzas se anotarían estas operacións:
a) Exportación de coches a Marrocos.
b) Un cidadán americano obtivo un dividendo de 0,25 € por cada acción de Telefónica no seu poder.
c) Un cidadán marroquí que traballa en España, envía parte do seu soldo á súa familia.
d) Absorción dunha empresa xaponesa por parte dunha española.
e) Un investidor americano, dadas as boas condicións de rendibilidade, decide comprar Bonos do Estado.
f) Unha empresa española importa maquinaria de Xapón.
g) A devandita empresa paga o transporte pola anterior importación a unha navieira francesa.
h) Unha empresa española compra o 60% dunha empresa chilena para iniciar un plan de expansión neste país.
i) O cobramento dos dividendosdas accións anteriores.
j) O que gasta en España un alemán de vacacións.
k) Unha empresa chinesa paga un canon a unha empresa española pola utilización dunha patente.
l) As axudas do FEDER para a construción do tren de alta velocidade en Galicia.
m) Unha empresa española compra a un francés unha patente.
n) Un cidadán español decide abrir unha conta a prazo un banco suizo.
Solución: a) B. Comercial, b) B. de rendas, c) B. de transferencias correntes, d) B. conta financeira - investimento directo, e) B. conta financeira - investimento en carteira, f) B. comercial, g) B. de servizos, h) B.conta financeira - investimento directo, i) B. de rendas, j) B. de servizos, k) B. de servizos, l) B. por conta de capital, m) B. por conta de capital, n) B. por conta financeira - outros investimentos.