A política monetaria na Unión Europea.
En España, coma o resto dos países que forman a Unión Europea e Monetaria (UEM) ou eurozona, a política monetaria está en mans do Eurosistema do que forman parte o Banco Central Europeo (BCE) e cada un dos bancos centrais dos países que integran a zona euro.
Eurosistema = BCE + bancos centrais da zona euro.
Sistema Europeo de Bancos Centrais = BCE + bancos centrais de toda a UE, non só a UEM (tamén toman algunhas decisións)
A función primordial do BCE é manter a estabilidade de prezos. O Consello de Goberno da UE anunciou a seguinte definición en 1998: «A estabilidade de prezos defínese como un incremento interanual do Índice Harmonizado de Prezos de Consumo (IAPC) inferior ao 2% para o conxunto da zona do euro».
As dificultades de aplicación da política monetaria na eurozona débense ás diferenzas económicas existentes nos distintos países que a compoñen. Ademais as institucións non están completamente definidas en canto aos seus obxectivos e competencias.