Un banco central de calquera país é a máxima autoridade monetaria dun país. Dirixe a política monetaria (regula a oferta monetaria, inspecciona, supervisa e controla ao sistema bancario, é o banco do Estado e controla a cotización (tipo de cambio) da moeda.

En España chámase Banco de España, presidido polo Gobernador. Moitas das funcións do Banco de España foron cedidas ao Banco Central Europeo coa creación da UEM. O actual gobernador do Banco de España é Luis María Linde.

No sistema financeiro español podemos atopar catro organismos públicos de regulación, supervisión, inspección e control. Deben asegurar que os mercados financeiros funcionen correctamente, para o que poden poñer sancións. Son:

  • Banco de España é o que regula e controla o mercado de crédito, é dicir, a TODAS AS ENTIDADES DE CRÉDITO, tanto bancarias como non bancarias (EFC, Entidades Financeiras de Crédito).
  • Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) que supervisa ao mercado de valores: as Bolsa e as empresas que cotizan en Bolsa, os fondos de investimento, os mercados de débeda,...
  • Dirección Xeral de Seguros, que vixia ao mercado de seguros e plans de pensións.
  • Ministerio de Sanidade, que ten a responsabilidade en materia de créditos ao consumo.


Última modificación: martes, 19 de julio de 2016, 15:17