Os impostos progresivos son un estabilizador automático de política fiscal porque recadan unha proporción maior en épocas de crecemento xa que as rendas son maiores e recadan menos que proporcionalmente en épocas de recesión porque as rendas son menores. Ademais é unha medida que se aplica automaticamente e non de forma discrecional. De forma discrecional sería, por exemplo que se baixa o IRPF ante unha recesión.

As transferencias son un estabilizador automático porque a súa aplicación é automática, non necesita planificación. Por exemplo, ante unha recesión, o gasto pola prestación por desemprego aumenta porque hai máis desempregados.

Last modified: Tuesday, 19 July 2016, 3:17 PM