As externalidades son os efectos externos que se producen sempre que un axente económico (consumidor ou empresa) realice unha actividade que afectan ao benestar doutros, sen pagar nin recibir compensación por elo.

As externalidades son un fallo do mercado pois as decisións dos compradores e os vendedores dun mercado non lles afectan solo a eles se non a toda a sociedade en xeral.

Tipos de externalidades: de consumo ou de produción e positivas ou negativas.

Se a actividade ten externalidades negativas, que xera custos que non están incluídos na estrutura de custos da empresa. Trátase de custos externos ou custos sociais da produción, non recaen sobre a empresa senón sobre toda a sociedade.

Son exemplos a contaminación da auga, a acústica, ... Este tipo de custos son externos da produción ou custos sociais, porque non recaen sobre a empresa senón sobre a sociedade.

Para resolver as externalidades hai solucións privadas, pero non sempre se poden empregar: é necesaria a intervención do estado con regulacións, impostos e subvencións.

Os bens públicos puros son aqueles nos que non hai rivalidade no seu consumo (o consumo dun individuo non priva o consumo a outros) nin tampouco hai posibilidade de exclusión (non a pode ou non é rendible excluír a consumidores que non paguen o servizo). Os bens públicos mixtos son aqueles nos que se dá unha soa destas condicións

Exemplos: defensa nacional, seguridade cidadán, protección contra incendios, as rúas, …

Adoita dicirse que o mercado fracasa na provisión deste tipo de bens. E é que ningunha empresa privada estaría disposta a incorrer nuns custos que logo non puidese recuperar. É o que se coñece como o problema do polizón ou consumidor parásito.



Last modified: Tuesday, 19 July 2016, 3:17 PM