O grao de intervención do estado na economía é opinable segundo a ideoloxía de cada un.

Segundo os keynesianos o mercado ten fallos que deben corrixirse, pois non garante por si só o equilibrio e o pleno emprego. Isto xustifica a intervención do estado na economía, para corrixir os fallos do mercado. Propoñen a economía do benestar ou Estado do benestar.

Os liberais ou monetaristas teñen unha postura contraria á intervención do estado nas cuestións económicas. Critican o peso do estado na economía e creeen que o estado debe limitarse a garantir o funcionamento do mercado, xa que o mercado é eficiente e leva sempre ao equilibrio.




Modifié le: mardi 19 juillet 2016, 15:17