Tan importante como a cantidade de renda producida nun territorio é a equidade na súa distribución:

1. Distribución territorial ou espacial. Mide a distribución por rexións, comunidades ou provincias.

A Unión Europea desenvolve unha importante actividade equilibradora entre as rexións dos países membros a través dos fondos estruturais, fundamentalmente do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o Fondo Social Europeo (FSE) e do Fondo de Cohesión Económica e Social.

2. Distribución persoal. A análise céntrase nos individuos que forman parte da colectividade. Nas distintas capas sociais.

3. Distribución funcional. A base de repartición constitúena os factores de produción básicos: traballo, capital.

Modifié le: mardi 19 juillet 2016, 15:17