¿De que depende investimento?
O investimento é a parte da produción que ten por obxecto a acumulación de capital que proxecta o futuro da economía. O investimento provén do gasto das empresas en bens de capital.
Tipos de investimento.
Polo obxecto ou finalidade, distínguense tres tipos de investimento:
- En medios de produción. A maquinaria, as aplicacións informáticas, entre outros, son factores de produción que aumentan o potencial físico das empresas e dos países.
- En stocks de materias primas e mercadorías dispostas para a súa transformación e venda.
- En edificios. Inclúese o gasto das familias.
- Investimento bruto. Viría medido polo stock acumulado anualmente.
- Investimento neto. Tense en conta a depreciación que sofren os bens de capital como consecuencia do uso ou da obsolescencia.
Polo tanto, o investimento neto sería igual ao bruto menos a depreciación ou amortización. Concepto que debes ter en conta para desenvolvementos posteriores.
I.Neto = I.Bruto - Amortización
En función de que se inviste? Cales son as variables que ten en conta o empresario para realizar o investimento? As variables máis utilizadas para determinar o volume de investimento son as seguintes:
Os tipos de xuro, que determinan o custo do investimento: a maiores xuros, menor será o investimento nunha economía.
Os rendementos esperados polo investimento. Ao falar de rendementos esperados estamos a afirmar que son as previsións de beneficios futuros as que inflúen nas decisións empresariais.
As expectativas xerais da economía. Unha confianza no futuro anima á inversión.
A capacidade produtiva realmente utilizada da empresa.