As actividades en Internet cambiaron moito. Ao principio utilizábase para buscar información navegando ou mandando e-mails. Pouco despois, fixeron furor as redes P2P; logo chegaron os blogs e o último é a socialización en redes de comunidades en liña.

As redes sociais en Internet agrupan comunidades con intereses comúns e permiten compartir arquivos, crear ligazóns, comunicarse entre os contactos e buscar outros novos, compartir afeccións, facer negocios,... Convértense así en portais persoais onde mostrar os gustos e dar entrada a un grupo de amigos ou os deixar abertos ao público en xeral.

O seu ritmo de crecemento é enorme. Facebook, Tuenti, Ning, MySpace, SocialGo, Networking Activo, Neurona, eConozco, Dejaboo.net, Qdamos, Spaniards...

Estas redes ofrecen novas formas de relación cos clientes (novas formas de Marketing) e cos traballadores. O mundo empresarial vai incorporando este novo instrumento de traballo ao seu modelo de negocio.

Última modificación: martes, 19 de julio de 2016, 15:17