Obradoiro de seguridade informática I: consellos sobre os dispositivos
Requisitos do completado
Intento: 70
Obtivo 0 punto(s) de 0 punto(s) ata agora.
Introdución
O uso das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) é cada vez máis imprescindible na vida cotiá. Son unha considerable axuda nos estudos e aumentan as opcións no lecer.
Pero estamos expostos a moitos riscos co uso das TIC. Entre outros:
- Virus.
- Uso ilegal das cookies.
- Ataques á privacidade.
- Acceso a contidos inapropiados (violentos, pornográficos, racistas,...)
- Ciberacoso.
- Sexting.
- Adicción.
- Suplantación de identidade.
- Falsificación, fraudes, roubo e furto online.
- Vulneración das leis (como a Lei de Protección de Datos ou a Lei da Propiedade Intelectual).
Algúns datos estatísticos (Informe Norton elaborado en febreiro do 2010 en 14 países):
- Un 65% dos adultos de todo o mundo foi vítima dalgún ciberdelito.
- A porcentaxe de persoas en todo o mundo que esperan non ser vítimas dun ciberdelito é só dun ... 3%
- Un 79% non espera que os ciberdelincuentes reciban o peso da lei.
Que buscan os ciberdelincuentes?
- Roubar datos persoais.
- Converter o ordenador, o smartphone ou outro dispositivo conectado a internet nun botnet ou zombie para o seu control.
- Roubar contas de usuarios.
- Roubar diñeiro.
- Violar a intimidade.
A seguridade informática son as medidas que se poden adoptar para protexer e previr danos, perdas ou roubos en relación con as TIC.
Neste obradoiro traballaremos cuestións de seguridade informática.
Na primeira parte veremos algúns consellos de protección dos equipos.
Na segunda parte, consellos de protección da privacidade.