Intento: 70

Obtivo 0 punto(s) de 0 punto(s) ata agora.

Introdución

O uso das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) é cada vez máis imprescindible na vida cotiá. Son unha considerable axuda nos estudos e aumentan as opcións no lecer.

Usos das TIC

Pero estamos expostos a moitos riscos co uso das TIC. Entre outros:
  • Virus.
  • Uso ilegal das cookies.
  • Ataques á privacidade.
  • Acceso a contidos inapropiados (violentos, pornográficos, racistas,...)
  • Ciberacoso.
  • Sexting.
  • Adicción.
  • Suplantación de identidade.
  • Falsificación, fraudes, roubo e furto online.
  • Vulneración das leis (como a Lei de Protección de Datos ou a Lei da Propiedade Intelectual).

Algúns datos estatísticos (Informe Norton elaborado en febreiro do 2010 en 14 países):

  • Un 65% dos adultos de todo o mundo foi vítima dalgún ciberdelito.
  • A porcentaxe de persoas en todo o mundo que esperan non ser vítimas dun ciberdelito é só dun ... 3%
  • Un 79% non espera que os ciberdelincuentes reciban o peso da lei.

Que buscan os ciberdelincuentes?

  • Roubar datos persoais.
  • Converter o ordenador, o smartphone ou outro dispositivo conectado a internet nun botnet ou zombie para o seu control.
  • Roubar contas de usuarios.
  • Roubar diñeiro.
  • Violar a intimidade.

Perigos

A seguridade informática son as medidas que se poden adoptar para protexer e previr danos, perdas ou roubos en relación con as TIC.

Neste obradoiro traballaremos cuestións de seguridade informática.

  • Na primeira parte veremos algúns consellos de protección dos equipos.

  • Na segunda parte, consellos de protección da privacidade.


Vostede completou o 0% da lección
0%