Foro de reflexións e debate
Completion requirements
As que seguen, son algunhas das preguntas que seguramente todos nos fixemos nestes últimos meses. Invítovos a que abrades os fíos de reflexión e debate sobre estas e/ou outras cuestións que se vos ocorran e as compartades neste foro.
- A Covid-19 trouxo asociada unha serie de obstáculos para o labor diario do profesorado e do alumnado. Cales foron as principais dificultades que atopamos nos nosos centros?
- No ensino a distancia algúns elementos do presencial desaparecen e outros cobran un novo protagonismo. Cales son os aspectos prioritarios que debemos levar ás nosas aulas para implantar con éxito esta nova modalidade de ensino?
- Como docentes, ou temos un mecanismo de enganche do estudante, ou imos ter problemas de abandono escolar no ensino semipresencial. Que metodoloxías docentes consideramos que tiveron un maior impacto para a correcta interacción profesorado-alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe?
- Como estimamos que debe levarse a cabo a avaliación no ensino semipresencial para lograr que sexa competencial e inclusiva?
- A autorregulación da aprendizaxe e a autonomía por parte do alumnado é un factor básico para o éxito no ensino semipresencial. Que estratexias podemos poñer os docentes ao seu dispor para fomentar dita competencia de “aprender a aprender”.
- A situación sanitaria vivida afectou de modo especial ao alumnado con NEAE e puxo de manifesto a existencia dunha fenda social. Cales son os modos nos que o ensino semipresencial pode contribuír a ofrecer unha formación máis inclusiva e adaptada ás necesidades de cada alumno/a?
- O e-learning esixe unha gran coordinación horizontal no centro e unha nova maneira de xestionar o tempo por parte do profesorado, tanto á hora de preparar as clases, como de deseñar as propias tarefas do alumnado. Cales foron os aspectos negativos detectados a nivel de coordinación interna e xestión temporal nos últimos meses e os posibles modos de solventalos no próximo curso?
- Por outra banda, cada docente ten o seu propio modo de ensino. Que ferramentas e/ou metodoloxías emerxentes, das que ata o de agora coñecemos, nos gustaría poder levar ás nosas aulas semipresenciais?
- Facer un ensino semipresencial de calidade implica un sólido traballo en equipo. Cales foron os mecanismos de coordinación e comunicación interna dos nosos centros máis febles e alternativas para melloralos de cara ao próximo curso académico 2020/2021?
- A pandemia en educación é sinónimo de incerteza pero tamén de oportunidade. Que aspectos de mellora educativa temos observado nestes meses e cales queremos levar ao curso 2020/21?
There are no discussion topics yet in this forum