Ola a tod@s,
O exame do venres 13 posponse unha semana debido a que estarei de baixa, polo que a NOVA DATA DO EXAME PARCIAL será o MARTES 17 DE NOVEMBRO.
Isto deixavos tempo para facer os boletíns enteiriños. Activarei unha tarefa OPCIONAL (non contará para nota) para que mos entreguedes se queredes que volos corrixa, esta opción estará activa ata o domingo ás 14.00 horas.
O luns 16 faremos un repaso das unidades 1 e 2 para as posibles dúbidas que teñades.
Non dubidedes en poñervos en contacto conmigo a través da aula virtual e perdoade as molestias.
Un saúdo.