Foro de novas

Seguimento das clases (importante para a xente que faltou)

Re: Seguimento das clases (importante para a xente que faltou)

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 0

Tendo en conta que houbo xente que faltou o venres a clase, pareceume apropiado prepararvos un documento sobre as cuestións acerca das cantigas que estivemos tratando na aula (cantiga 1 e 2 da páxina 56 do libro de texto).

Non deixedes de consultalo porque seguramente vos axude para o exame, pois oriéntavos sobre como hai que contestar este tipo de cuestións na proba.

Se vos xorde calquera dúbida, especialmente no caso daquelas persoas que non estaban na aula cando se explicaron estes contidos, poñédevos en contacto comigo a través da aula virtual.

Tamén para estas persoas que faltaron, aviso de que a cantiga de amor (apartado 3 dos últimos apuntamentos que aparecen na aula virtual) non entra no exame.