Foro de novas

Seguimento das clases (importante para a xente que faltou)

Seguimento das clases (importante para a xente que faltou)

by Deleted user -
Number of replies: 5

29/10/2020

- Corrección dos exercicios 2, 3 da páxina 21 e do que eu ditei na aula, que xa lles enviei tamén ás persoas que faltaron. Todas as tarefas das que informei ata agora a partir do correo da aula virtual, terédesmas que ensinar ao regresar á aula.

- Apuntamentos sobre Orixe e formación da lingua galega que xa están colgados na UD1 da aula virtual. Na segunda páxina tendes que completar un esquema coa información recollida na páxina 20 do libro de texto.

In reply to Deleted user

Re: Seguimento das clases (importante para a xente que faltou)

by Deleted user -

30/10/2020

- Completouse o esquema que aparece nos apuntamentos sobre Orixe e formación da lingua galega (colgados na UD 1) consultando a información da páxina 20 do libro de texto.

In reply to Deleted user

Re: Seguimento das clases (importante para a xente que faltou)

by Deleted user -

03/11/2020

- Corrección do esquema sobre Orixe e formación da lingua galega.

- Está colgada unha tarefa que se chama Nocións xerais sobre a literatura medieval. Aparece claramente o que hai que facer e tendes ata o venres 6 ás 23:00 h para entregarma.

In reply to Deleted user

Re: Seguimento das clases (importante para a xente que faltou)

by Deleted user -

05/11/2020

- Realización do exercicio 4 da páxina 21 do libro de texto. Xunto nun arquivo a solución.

- Explicación da acentuación diacrítica (páxina 44 do libro de texto). 

In reply to Deleted user

Re: Seguimento das clases (importante para a xente que faltou)

by Deleted user -

20/11/2020

Vídeo de Historias de Galicia e resposta a unhas preguntas sobre o seu contido (as persoas que non fixeron este traballo o venres teñen que entregalo o próximo día de clase). Este material está na UD 2.

In reply to Deleted user

Re: Seguimento das clases (importante para a xente que faltou)

by Deleted user -

Tendo en conta que houbo xente que faltou o venres a clase, pareceume apropiado prepararvos un documento sobre as cuestións acerca das cantigas que estivemos tratando na aula (cantiga 1 e 2 da páxina 56 do libro de texto).

Non deixedes de consultalo porque seguramente vos axude para o exame, pois oriéntavos sobre como hai que contestar este tipo de cuestións na proba.

Se vos xorde calquera dúbida, especialmente no caso daquelas persoas que non estaban na aula cando se explicaron estes contidos, poñédevos en contacto comigo a través da aula virtual.

Tamén para estas persoas que faltaron, aviso de que a cantiga de amor (apartado 3 dos últimos apuntamentos que aparecen na aula virtual) non entra no exame.