Na clase de hoxe comezamos a Unidade Didáctica 2, que trata sobre Xeografía e Historia de Grecia. Como tarefa, debedes facer o mesmo que fixemos na clase, que é o seguinte:
-Subliñar ou rodear no Mapa 1 (páxina 13) os nomes as rexións da Antiga Grecia que aparecen no apartado 2.1.1 e 2.1.2 do esquema da Unidade (na mesma páxina 13): Tesalia, Macedonia, Ática, Beocia, Arcadia, Laconia (estas dúas últimas, dentro do Peloponeso), Xonia, o mar Exeo e a illa de Creta.
-Recoñecer que o Mapa 2 (páx. 14) representa a rexión indicada no apartado 2.1.3 do esquema: a Magna Grecia
-Recoñecer que o Mapa 3 (páx. 14) representa a rexión indicada no apartado 2.1.4. do esquema; o Mundo Helenístico (os reinos de influencia cultural grega que xurdiron despois das conquistas de Alexandre Magno, de quen falaremos en futuras clases.
-Comezar a ver a presentación "Visións do mundo grego (Xeografía)" na que se amosan restos arqueolóxicos da Antiga Grecia localizados nas rexións anteriormente mencionadas e sinaladas nos mapas. Na presentación chegamos ata a diapositiva nº 6. Deixo aquí enlace á presentación: Visións do mundo grego (Xeografía)