Foro de consultas e dúbidas

DOCUMENTOS COMPARTIDOS

DOCUMENTOS COMPARTIDOS

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 2

Pódese construír un documento compartido ao estilo do que se fai en google docs?

A miña intención é que realicen algún traballo en grupos e que o compartan entre os/as integrantes do grupo e comigo para poder ir corrixíndollo a medida que o van facendo.

En resposta a Usuario eliminado

Re: DOCUMENTOS COMPARTIDOS

por Usuario eliminado -

Boa tarde, Paz.

Ademais das actividades "glosario" e "base de datos", nas cales é posible deseñar tipos de traballo colaborativo específicos (ver titoriais), quero comentarche dúas posibilidades (seguro que hai máis) que poden ser útiles para o que entendo que precisas.

A primeira delas é a posibilidade de establecer un enlace dentro de moodle (no propio curso de que se trate) ao sitio de google docs onde se ubique o documento compartido co que esteas a traballar, mediante o procedemento de "engadir recurso URL".

A segunda sería "engadir a actividade Wiki". Unha wiki é unha colección de documentos web escritos en forma colaborativa. Basicamente, unha páxina de wiki é unha páxina web que todos na túa clase poden crear xuntos, directo desde o navegador da internet, sen que necesiten saber HTML. Unha wiki empeza cunha portada. Cada autor pode engadir outras páxinas á wiki, simplemente creando unha ligazón cara a unha páxina (nova) que aínda non existe.

Unha wiki é, de feito, un método rápido para crear contido como grupo. É un formato tremendamente popular na web para crear documentos como un grupo. Usualmente non existe un editor central da wiki, non hai unha soa persoa que teña o control editorial final. No seu lugar, a clase ou grupo edita e desenvolve o seu propio contido. Na wiki xorden visións de consenso do traballo de moitas persoas sobre un documento. En Moodle, os wikis poden ser unha ferramenta valiosa para o traballo colaborativo. A clase enteira (ou dividida en grupos) pode editar xunta un documento, creando un produto da clase, ou cada estudante pode ter o seu propio wiki e traballar nel coa profesora e os seus compañeiros.

Envíoche dous enlaces a videotitoriais, o primeiro sobre o modo de establecer un enlace entre o curso en moodle co sitio de google docs, e o segundo sobre a configuración dunha wiki dentro do curso.

Un saúdo.