1.- O ser humano dende sempre tuvo unha clara visión: o rei son eu, non os seres vivos que viven ó meu redor. Isto vese claramente nas relixións monoteístas que influiron e inflúen enormemente no pensamento das persoas, nas cales, ningún suposto "Deus" é un animal. Son persoas, coma nós, máis dunha procedencia superior, divina, que lles permite facer o que lles praza.
2.-Deberíamos vernos ó menos como invasores. A nosa estirpe non respetou nada, nin os océanos nin as montañas nin as selvas. Queremos todo para nós e pensando somentes en nós. Nos telediarios damos as noticias que nós queremos e facemos ver a poboación o que nós desexamos. Este ano, mentres a Amazonia, un dos pulmóns da Terra, ardía sen compaixón as televisión foráneas non ensinaban o que estaba a ocorrer. Foron as redes sociais as que, no seu lugar, remataron por dar visibilidade á situación. E é que, ese incendio, estaba provocado por uns intereses en concreto, os de gandeiros e agricultores,que buscaban obter novos terreos cultivables (neses lugares xeralmente para poder botar, queiman pequenas zonas de selva en incendios controlados para así conseguir un terreo más adecuado), mais esta vez, foise das súas mans. Esta "teoría" sosteñena entidades de masiva importancia como a NASA a pesares de que non se demostrou quen foi o real culpable (é moi difícil determinar iso). Con o inmediatamente anterior comentado, quero decir que as persoas non valoraron a importancia da natureza alí residente e en xeral, chegando nós a ser os culpables da morte de millóns de animais (e incluso da extinción dalgúns dos mesmos) e dos seus hábitats correspondentes sen que nós tremese a man.
3.- Ó contrario que a miña compañeira Luna, non penso que ó referente ós elementos presocráticos teña que ver co feito de vernos superiores ós demais, senón ás causas diso. Creo que o autor se refire a que o humano sempre busca as solución científicas a todo, busca as explicacións ós feitos máis extraordinarios do universo (como os buracos negros) mais, todo ese uso da razón teórica sírvenos de algo se somos uns ignorantes no tanto correspondente á razón práctica? Que debería ter máis valor, avanzar primeiro tecnolóxicamente ou fortalecer as bases éticas da sociedade? Penso que de avanzar primeiro moralmente, á larga, teríamos moitos máis beneficios dos que agora gozamos. Por exemplo, nunha sociedade máis empática, non pasaría o de EEUU, no que Trump da "receitas milagrosas" irónicamente para curar o covid, sen ter en conta que algunhas persoas dos tantos millóns que alí residen o poden chegar a tomar en serio ou, en vez de deixar os vagabundos durmir en aparcamentos separados por unha liña que habituaba diferenciar as prazas dos coches, buscaríase unha solución un pouco máis humana.