Foro de novas

DEBATE DO LUNS 27 abril

Re: DEBATE DO LUNS 27 abril

by Deleted user -
Number of replies: 0
  1. O ser humano é e foi sempre egoísta. Só mira polo seu propio ben deixando atrás aos demais e a todo o que os rodea. Como ben di o autor do escrito “os reis deste planeta”.

     2. Eu estou completamente de acordo con Mariña. Crear non debe significar desbaratar. Non respectamos a superficie onde habitamos, non a coidamos. Ese afán de crernos superiores ante o medio natural, ante outras especies e o noso entorno debemos de eliminalo, pois temos que ser conscientes de que estamos vivindo as consecuencias diso.

     3. Quere dicir que a nosa especie, a humana, indaga máis alá dun simple motivo. Investiga e pescuda respostas, explicacións a todo aquilo que non lle atopa. O erro está en que as ditas respostas son beneficiarias para nós, os humanos, e non para todos. É dicir, está presente sempre o egoísmo. A busca do ben propio e non do ben común...