Bo día a tod@s!
Esta semana celebraríase a XXXI Semana Cultural do centro, así que moitas das miñas compañeiras e compañeiros estiveron traballando e tedes na páxina do instituto diversas actividades online, como poden ser o visionado de películas, obras de teatro, experiencias, concertos, obradoiros, exposicións, palestras, presentacións...
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfontexeria/node/2252
Pero tamén hoxe imos traballar nun boletín (colgado aquí arriba á dereita) para afianzar o cálculo da lonxitude e área da circunferencia e círculo. Pero o resto da semana teredes unha proposta de actividades máis lúdicas, prometido!