FORO: ACTIVIDADES A REALIZAR POR SESIÓN

Sesión venres 27/03/2020

Sesión venres 27/03/2020

by Deleted user -
Number of replies: 0

Bo día a tod@s!

Estamos a rematar a segunda semana de confinamento...Como vos sentides coa nova forma de aprender e traballar contidos? Supoño que estades máis perdidos, a competencia matemática nesta situación ten que basarse en contidos mínimos, pero  pensade que estades a traballar competencias como a dixital ou a de aprender a aprender que normalmente  no día a día teñen menor presenza. 

Para hoxe pídovos que fagades autocorrección dos exercicios das sesión do mércores e xoves. Para que quede constancia desa autocorrección, non borredes nin usedes tipex, colledes un boli/rotula dunha cor que resalte e correxides. Arriba á dereita tedes o solucionario!

Recordade que non son vacacións...Por favor, contactade comigo por mail, tanto para enviar as tarefas como preguntar dúbidas.