ACTIVIDADES A REALIZAR POR SESIÓN

SESIÓN MARTES 24/03/2020

SESIÓN MARTES 24/03/2020

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Hoxe toca correxir!

Xa tedes dende onte a corrección dos exericicios da semana anterior. Ben, pois nesta sesión tedes que correxir deixando constancia da corrección usando outra cor, non borredes, non usedes "tipex"...

As libretas recollereinas á volta. Tedes que ter presente que, dado as circuntancias, o modo de traballo cambia, por tanto é moi importante o voso traballo diario nas vosas casas e a única forma de valoralo é recollendo as libretas. Coa intención de que cada un faga o seu traballo de forma individual,  entendendo que é normal que vos axudedes e preguntedes dúbidas, avaliarase esta autocorrección.

Por tanto, avaliaranse as tarefas realizadas e a autocorrección.