Bo día. Xa sei que estades ata arriba de traballo e aínda veño eu propoñervos máis...
A ver, propóñovos elaborar un traballo en formato presentación (power point ou similar), a cerca dalgún dos aspectos tratados nos temas que demos ou daremos; é dicir: bioquímica, aparato dixestivo, aparato respiratorio, aparato circulatorio e aparato excretor.
O traballo pode incluír simplemente descrición da estrutura, función e presentación dun obxecto de estudo en profundidade (por exemplo, "o fígado", "o ADN", "As funcións da auga", "o descubrimento do ADN", "A circulación cardíaca" etc.), ou centrarse nunha enfermidade ou problema concreto relacionda con estes temas (por exemplo, unha enfermidade xenética, ou un problema dixestivo etc).
O traballo será para expoñer en clase a derradeira semana de curso, durante uns 10 ou 15 minutos. Previamente enviarédesmo para que o corrixa.
Puntuareino con 0,5 puntos sobre a nota final do curso.
Se algúen está interesado e non se lle ocorre nada, que me pregunte suxírolle eu un obxecto de estudo