Foro de novas

Aberto o prazo de inscrición ás probas libres de acceso aos ciclos medios de FP

Aberto o prazo de inscrición ás probas libres de acceso aos ciclos medios de FP

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Aberto o prazo de inscrición: do 15 ao 26 de marzo de 2021

Dende o Departamento de Orientación organizamos unha sesión, na Aula de informática, para que o alumnado interesado faga a súa solicitude: Xoves, 18 de marzo no 2º recreo. 

Documentación que é preciso traer para facer a solicitude:

-Conta de correo electrónico (operativa).

-Datos persoais da persoa solicitante: DNI (coa data de expedición/caducidade) e, ademáis, no caso de menores de idade os Datos dos proxenitores (DNI e data de expedición/caducidade).  Enderezos postais actualizados e teléfonos de contacto.

Recordarvos que tedes a vosa disposición, na conserxería do centro, un material de apoio para a preparación das probas (é preciso encargalo previamente para podelo adquirir).

No documento adxunto tedes toda a información relativa a : partes das probas, posibilidades de exención de diferentes partes das probas, calendario e outra información de interese para a súa preparación.

+INFO no Departamento de Orientación