Section outline

    • Nos seguintes enlaces podedes acceder ao buscador de ciclos formativos da FP segundo as diferentes familias profesionais. Recordade as seguintes indicacións:

      • CB: trátase dun ciclo da FP Básica
      • CM: trátase de oferta de ciclos medios de FP
      • CS: é un ciclo superior de FP

      As formas de acceso á FP son as seguintes (prioritariamente):

      1. Cumprindo co requisito académico de acceso: no caso dos ciclos medios co título de Graduada/o ESO (ou equivalentes) ou co título de Bacharel para os ciclos superiores.
      2. Co título de FP Básica (para o acceso aos ciclos medios) ou co título de Técnica/o (para o acceso aos ciclos superiores).
      3. Acreditando a superación da proba de acceso oas ciclos medios ou superiores.

      No documento adxunto tedes a vosa disposición os enlaces ao buscador nas diferentes familias profesionais.