Foro de novas

Cortes

Cortes

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 3

Boas Lucía, como sabemos nun corte no cal hai un falla cando se produciu esta? Pois por exemplo no corte 4, na historia, ti explicas a formación da falla despois da formación da Unidade 4, pero non poderiamos explicala despois de falar da unidade 7 e 6? E como sabemos se foi por un esforzo dsitensivo ou cmprensivo?

En resposta a Usuario eliminado

Re: Cortes

por Usuario eliminado -

Mirando polos apuntes hai lugares onde pon que a falla normal é por esforzos compresivos e outros distensivos, a resposta correcta sería a última?

En resposta a Usuario eliminado

Re: Cortes

por Usuario eliminado -

Primeiro temos que saber que tipo de falla é. Nos apuntes de metamorfismo tedes como falla normal aquela na que o bolque afundido se apoia sobre o bloque elevado, ademais sabemos que estas fallas son debidas a forzas distensivas. Despois tedes que unha falla inversa é aquela na que o labio elevado se apoia sobre o afundido, e que son debidas a forzas compresivas.

Tendo isto en conta, vemos que a falla do corte 4  é inversa, xa que o bloque da esquerda é o elevado e está apoiado sobre o afundido (vedes que o bloque da esquerda sube con respecto ao outro). Polo tanto sabemos que esta falla produciuse por forzas compresivas.

Poño a falla antes da intrusión do magma porque nestes casos hai que pensar: que é máis lóxico, que despois dunha fase compresiva veña unha distensiva ou ao revés? A intrusión de magmas SEMPRE se van a producir en fases distensivas (acordádevos que cando vimos o magmatismo un dos factores que producía o ascenso do magma era a diminución de presión). Polo tanto, nesa zona houbo unha fase compresiva e cando estes esforzos cesaron o terreo "relaxouse" (por dicilo dalgunha maneira) e foi nesa fase distensiva na que puido intruir o magma.