Tarefas para os alumnos que están na casa. A cantiga de amigo.
Ler a cantiga de amigo da páxina 58 do libro e facer os exercicios 1,2,3,4,5,6,7 e 8 da páxina 59. Se tedes dúbidas preguntádesme.
Un saúdo e moito ánimo!!
María
Tarefas para os alumnos que están na casa. A cantiga de amigo.
Ler a cantiga de amigo da páxina 58 do libro e facer os exercicios 1,2,3,4,5,6,7 e 8 da páxina 59. Se tedes dúbidas preguntádesme.
Un saúdo e moito ánimo!!
María
Hola María ,son iria
mandoche os exercicios
un saúdo
(Editado por María Cernadas Figueiras - envío orixinal Mércores, 20 de Xaneiro de 2021, 18:48)
Ola Iria,
Moi ben, vouche poñer os exercicios corrixidos a continuación. Só os que non están ben ou lles falta algo.
Exercicio 1: cantiga na que un narrador en 3ª persoa conta o que fixo unha rapaza e cal é o seu estado de ánimo( leda dos amores).
Exercicio 2: Nun escenario campestre, nunha fría fontana, nas primeiras horas do amencer.
Exercicio 4: ademais da rapaza e o amigo, aparece o cervo(símbolo do amigo).
Exercicio 6: Cabelos mollados: representan a beleza e o erotismo da moza. Fontana fría: lugar de encontro dos namorados. Cervo do monte: representa o amigo. Auga enturbiada: perda da pureza( o cervo enturbia a auga).
Exercicio 7:a cantiga consta de seis cobras paralelísticas dúas a dúas . Paralelismo perfecto ou literal, unhas veces cambia a última palabra por outra sinónima.
Paralelismo: Levous'a louçana, levous'a velida( verso1 da primeira cobra)(verso 1 da segunda cobra)
vaia lavar cabelos, na fontana fría(verso 2 primeira cobra) co verso 2 da segunda cobra vaia lavar cabelos, na fría fontana. E así sucesivamente no resto das cobras. Passou meu amigo que lhi ben quería...
Leixaprén: O segundo verso da primeira cobra, vai lavar cabelos, na fontana fría repítese como primeiro verso da terceira cobra. O segundo verso da segunda cobra como primeiro da cuarta e así sucesivamente.
Un saúdo,
María