Teoría e práctica comentario de texto.
Teoría e exercicio inicial sobre comentarios de texto.
Despois de ler a teoría sobre como realizar un exercicio deste tipo intenta facer o comentario de texto sobre a crónica da actuación de Rodolfo Chikilicuatre. Para que dispoñas dalgúns datos nos que basearte ten en conta:
Participou no Festival de Eurovisión de 2008
Chikilicuatre é o nome artístico dun actor que participaba nun programa televisivo de gran audiencia, Buenafuente.
Foi elixido por televoto popular. Despois disto TVE elixe ó seu representante.
Quedou no posto 16 de 25 participantes.
Os que máis votos lle deron foron Andorra 12 (máxima puntuación posible) e Portugal, 10.
Obtivo un mellor posto que os catro representates anteriores de TVE.
Podes mirar o videos da actuación e tamén o da de Manel Navarro e as bromas que sobre ela se fixeron. Servirán paraque teñas unha postura documentada sobre o tema do festival de Eurovisión. ë conveniente que te informes na rede sobre o seu funcionamento.