CRITERIOS DE RECUPERACIÓN
Dado o carácter continuado e progresivo da materia, non se realizarán probas de recuperación ao longo do curso (agás na terceira avaliación). Cada avaliación nova suporá, a efectos prácticos, unha recuperación da anterior. Unha cualificación negativa no primeiro trimestre ou no segundo trimestre poderá ser recuperada cunha nota igual ou superior a 5 nos seguintes trimestres, sen necesidade de repetir probas. Para o cálculo final da nota, terase en conta o peso de cada avaliación (20%, 30% e 50%), sendo un 5 a nota máxima dunha avaliación recuperada mediante o aprobado da seguinte avaliación.
Logo das tres avaliacións trimestrais, e despois de aplicar a ponderación de 20% + 30% + 50% especificada no apartado anterior, o alumnado que non obteña unha cualificación positiva terá unha oportunidade para recuperar a materia realizando a mediados de xuño unha proba extraordinaria que se conformará das seguintes partes e ponderacións:
Use of English (Vocabulary & Grammar): 55%
Produción escrita (Writing): 25%
Comprensión escrita (Reading): 20%
O alumnado terá que chegar a unha nota mínima de 5 nesta derradeira proba para aprobar a materia de inglés.